Os incendios da fin de semana arrasaron unhas 35.500 hectáreas, máis que 2014, 2015 e 2016 xuntos

Incendio forestal este luns na Serra de San Mamede
REMITIDA
Actualizado: miércoles, 18 octubre 2017 20:16

No que vai de 2017 van 48.100 hectáreas calcinadas, segunda maior cifra desde a vaga de lumes de 2006

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Oct. (EUROPA PRESS) -

A vaga de incendios da pasada fin de semana en Galicia arrasou cunhas 35.500 hectáreas en Galicia, segundo as estimacións provisionais da Xunta.

Esta cifra supón máis que o queimado entre os anos 2014 (1.991 hectáreas calcinadas), 2015 (12.234 hectáreas) e 2016 (21.118 hectáreas) xuntos.

Ás 35.500 hectáreas do fin de semana hai que sumar as 12.600 hectáreas que arderon ata ese momento no que vai de ano, o que ofrece un total de 48.100 queimadas en 2017.

Estas 48.100 hectáreas supoñen o segundo ano con máis superficie calcinada en Galicia desde a vaga de incendios de 2006 (entón foron 95.947 hectáreas).

De feito, xa é o cuarto exercicio con máis hectáreas queimadas nos últimos 25 anos, só superado en 2006, 2005 (57.452 hectáreas) e 1998 (48.173).

Nun comunicado, a Consellería de Medio Rural apunta que "traballa intensamente na cuantificación de danos, tanto persoais como ambientais", á vez que espera que "caia todo o peso da lei" sobre "os responsables deste terrorismo incendiario".