Os sindicatos din á Xunta que debe retirar a proposta de función pública e reiniciar un proceso negociado

Avisan do "malestar" entre os traballadores e insisten en que haberá unha resposta "contundente" e en que non descartan a folga

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Feb. (EUROPA PRESS) -

   Os sindicatos de función pública avisaron á Xunta de que non sentarán a negociar se antes o Goberno galego non retirou a súa proposta e reclamaron que se reinicie o proceso "dende o principio" nas mesas negociadoras.

   As catro organizacións --CIG, CC.OO., UGT e CSI-CSIF-- reclamaron o martes a retirada do anteproxecto de lei de medidas de emprego público, tras o que a conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, dixo esta mañá que as medidas se manterán e pediu aos sindicatos que acepten negociar.

   "O proxecto vulnera en si mesmo, ao ser unha modificación por lei dun convenio colectivo --o que rexe para o persoal laboral--, o sistema de negociación colectiva. Non podemos negocialo", resumiu o representante do CSI-CSIF na administración autonómica, Juan Carlos Rivas.

   Os catro sindicatos incidiron en que a súa postura seguirá sendo a de que o Goberno debe retirar o seu texto e que este xoves presentarán o escrito no rexistro, tras asistir a unha concentración en San Caetano. Non obstante, insistiron tamén en que, unha vez feito ese xesto, si están dispostos a negociar.

   O representante da CIG na administración autonómica, Fernando García, sinalou que a actitude dos representantes dos empregados públicos "nunca foi negarse a negociar medidas de racionalización do gasto", pero criticou que o Goberno galego o quere "recortar todo en gastos de persoal". "Hai moitos sitios nos que se pode racionalizar", afirmou e referiuse, en concreto, a asistencias técnicas, os asesores políticos e o persoal de gabinete.

   Ademais, García augurou que o Goberno autonómico "terá que dar marcha atrás polo malestar dos traballadores", entre os que se aprecia, nas asembleas que se celebran estes días, "un rexeitamento masivo" ás medidas e "ánimo de folga" nalgúns casos. "A indignación da xente fainos pensar que haberá unha oposición brutal; nunca houbo asembleas tan multitudinarias", dixo.

   Pola súa parte, o representante de CC.OO., Ramiro Otero, riscou de "irresponsabilidade" que Facenda non presente alternativas distintas que non sexan "atacar a diana dos empregados públicos". "Pedimos responsabilidade ao Goberno galego e que goberne", reclamou e insistiu en que a resposta será "contundente".

   Nas asembleas, continuou, os traballadores "participan activamente" e "hai xente" que pide unha folga. Sobre este asunto apostou por ser "cauto", aínda que reiterou que non está descartado un paro. Por iso dixo á Xunta que "se se retiran as medidas", sentarán a negociar.

"DENTRO DO ESPERADO"

   Para o responsable de administración autonómica de UGT, José Vázquez, a postura do Goberno galego de manter a súa proposta está "dentro do esperado". "Están no seu dereito de mantela", apuntou e recordou que os sindicatos están "dispostos a escoitar", pero non a aceptar o texto presentado.

   "Haberá un conflito", asegurou e censurou a postura "maximalista" da Xunta. Sobre a posibilidade dunha folga, indicou que explorarán antes outras vías para premer e evitar convocar un paro. "Pero non o descartamos", insistiu.

   Pola súa banda, Rivas, de CSI-CSIF, incidiu tamén en que os responsables de función pública "tiñan que convocar a mesa" de negociación antes de presentar as súas propostas e "nunca" as formular "cunha ameaza e unha imposición". "Aplican o rolo da maioría do PP no Parlamento", recriminou, en alusión a que a reforma se presenta como unha lei.

   Pola súa banda, CSIF preparou unha serie de propostas "reais" para aforrar "80 millóns e máis que eses millóns" mediante a eliminación de gasto "superfluo". "A primeira medida é eliminar as subvencións aos partidos políticos e aos empresarios --ás confederacións e asociacións, non ás empresas-- e tamén aos sindicatos; estamos dispostos", afirmou.

El vídeo comenzará después de 30 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.