Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 03/03/2010 09:12

O Papa anunciará hoxe a súa visita a Santiago de Compostela e Barcelona

   O Papa Benedicto XVI anunciará hoxe, previsiblemente, que visitará Santiago de Compostela e Barcelona a finais de outubro ou principios de novembro deste ano, segundo recolle hoxe a revista 'Vida Nueva', que cita fontes da Embaixada de España ante a Santa Sé.

   O Pontífice podería confirmar, segundo a publicación, ao final da súa Audiencia Xeral de hoxe, a súa segunda vista a España, despois da que realizou en 2006 a Valencia con motivo do Encontro Mundial das Familias (EMF), e que se unirá á que fará en 2011 a Madrid con motivo da Xornada Mundial da Xuventude (JMJ). Esta nova viaxe centrarase no Camiño de Santiago en Galicia e na consagración da Sagrada Familia en Barcelona.

   Aínda que se descoñecen máis datos, as mesmas fontes indican que a visita durará tan soa un día. En calquera caso, a vicepresidenta do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, e o ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, xa teñen, segundo as mesmas fontes, coñecemento da visita.

   Precisamente, o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, xa invitou ao Santo Padre o ano pasado cando o secretario de Estado do Vaticano, Tarcisio Bertone, visitou España. Este convite foi reiterado esta mesma semana na Santa Sé polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

   A partir das 10.30 horas está convocada unha rolda de prensa no Arcebispado de Santiago de Compostela na que previsiblemente o arcebispo, Julián Barrio, informará da visita.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.