O Parlamento declara o seu apoio unánime ao xeito

Hemiciclo Gallego
Foto: EUROPA PRESS/REMITIDO
Actualizado: martes, 25 noviembre 2014 22:36

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Nov. (EUROPA PRESS) -

   O Parlamento de Galicia declarou o seu apoio unánime ás artes de pesca tradicionais, especialmente, o xeito, para que "non sexa incluída nas artes que se prohiban a partir do 1 de xaneiro de 2015.

   Nunha concisa declaración institucional, os deputados do hemiciclo galego apuntan o seu desexo de que esta arte de pesca utilizada en Galicia non forme parte do regulamento do Parlamento Europeo e do Consello de Europa polo que se prohibe a pesca con redes de deriva.

   Recentemente, PP e PSOE acordaron na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación do Senado unha moción na que piden ao Goberno axuda á arte do xeito e que tome medidas ante a Unión Europea para que esta pesca tradicional se preserve por ser respectuosa co medio e moi distinta da pesca de rede de deriva, na que se inclúe.

   Sobre esta cuestión, ademais, os grupos do Parlamento galego teñen rexistradas iniciativas, incluídas proposicións non de lei. No caso do grupo maioritario, o PPdeG, preguntan polas alegacións e outras xestións da Xunta encamiñadas a reverter a situación do xeito.