O Parlamento de Galicia suspende "dos seus dereitos parlamentarios" a Fajardo unha semana por "desorde grave de palabra"

Juan Fajardo (AGE) en rueda de prensa
EUROPA PRESS
Actualizado: jueves, 27 noviembre 2014 18:20

AGE pide a Mesa da Cámara que "reconsidere" a sanción e esixe o "cesamento" de Pilar Rojo por ser "incapaz de dirixir un pleno"

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Nov. (EUROPA PRESS) -

O Parlamento de Galicia suspendeu "dos seus dereitos parlamentarios" ao deputado de AGE Juan Fajardo "ata o final da sesión plenaria seguinte que se iniciará o 2 de decembro" por ser expulsado do pleno o mércores 26 de novembro debido a "unha desorde grave de palabra".

Así consta na resolución do Parlamento galego remitida ao deputado de AGE, que implica non percibir o soldo de deputado durante o período da sanción, así como non poder asistir ao próximo pleno, asinar iniciativas ou asistir a comisións parlamentarias, segundo puntualizaron a Europa Press fontes da Cámara autonómica.

A resolución sinala que na sesión do día 26 de novembro "tiveron lugar varios incidentes que constituíron unha desorde grave de palabra por parte do deputado". Así, argumenta a Presidencia do Parlamento que "Fajardo fixo uso da palabra cando non tiña dereito a facelo, alterando gravemente a orde do debate".

Engade a resolución que, ademais, "facendo caso omiso das reconvencions e advertencias feitas no uso das facultades de moderación dos debates pola presidenta a da Cámara, interrompeu de modo reiterado as intervencións da conselleira de Traballo, impedindo de modo vehemente o normal desenvolvemento da sesión parlamentaria".

"Á vista do disposto no artigo 108 do Regulamento, a Presidencia comunicoulle a súa inmediata expulsión e a suspensión ene l acto dos seus dereitos parlamentarios ata o final da sesión plenaria seguinte que se iniciará o 2 de decembro", conclúe a resolución.

RECURSO

Tras recibir a notificación, a vicevoceira parlamentaria de AGE, Yolanda Díaz, anunciou este xoves que AGE presentará esta xornada recurso e insta á Mesa que "reconsidere" a sanción imposta a Fajardo.

No referido ao fondo, Díaz manifestou, en declaracións aos medios, que AGE insta ao "cesamento" da presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo, porque "hai razóns máis que suficientes" porque "é incapaz de dirixir un pleno", xa que considera que "non reúne os requisitos esenciais".

Nesta liña, Díaz acusou de "arbitrario" o comportamento da Presidencia do Parlamento co seu grupo parlamentario e a acusado de usar unha "dobre vara de medir extrema", acusando a presidenta de "desviación no exercicio da función pública", a quen recorda que "debe ser neutra".

"Impoñer unha sanción ao amparo do Artigo 108 do Regulamento a Cámara, cando menos sorprende," manifestou a vicevoceiro parlamentaria, que considerou que se "xustificaría" a súa aplicación se fosen "feitos de gravidade extrema". "Cremos que iso non se deu, se produciu a expulsión e a sanción a escasos segundos do fin do pleno", abundou, para precisar que "é intolerable que se lle retire a condición de deputado a Fajardo por interlocucionar un momento coa conselleira de Benestar". "É un exceso absoluto", precisou.

Ao respecto, AGE sostén que con esta medida se "pretende a incomparecencia" do responsable de AGE en materia de Benestar e Traballo no próximo pleno "para evitar a súa presenza" cando sexa a comparecencia de Mato. "É inxusto e absolutamente polémico o que hoxe está a consumar a Presidencia da Cámara", subliñou Díaz.

"Quen non sabe dirixir unha orquestra, que non sabe que todas as músicas e todos os compoñentes teñen que ter un trato igual e achegar dende a diferenza, como fai Pilar Rojo, debe de ser cesada", sentenciou Díaz, que reclamou para AGE "un tratamento igualitario". "Cando fagamos as cousas mal, cando nos excedamos, queremos ser corrixidos igual que os demais, pero cando sexa á inversa, que a lei se aplique coa mesma contundencia", reivindicou.

"NON É NORMAL"

Pola súa banda, Fajardo reprochou que no próximo pleno "vaia comparecer para falar dun caso de corrupción unha conselleira que aparece" nun sumario por recibir regalos "nunha trama" e "o único sancionado é un deputado de AGE". "Estamos nun país que non é normal", recalcou.

Fajardo lamentou a súa expulsión por contestar a unha pregunta da conselleira de Traballo no marco da intervención desta "cando faltaban 22 segundos para o fin do pleno". Por iso, sostén que se trata dunha "decisión premeditada, que ten un obxectivo político e é absolutamente inaceptable".

"O día anterior ou o mesmo día pola mañá Santalices, como vicepresidente da Cámara, me dixo que me tiña controlado, mesmo antes de empezar a falar," recordou Fajardo. "Estamos ante un organismo de represión e a Mesa do Parlamento non pode selo", concluíu. Por iso, manifestou que "existe unha contradición brutal".