SANTIAGO DE COMPOSTELA 2 Mar. (EUROPA PRESS) -
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (o antigo Inem) incrementouse en 2.543 persoas en Galicia en febreiro, o que representa un crecemento do 1,1% respecto ao primeiro mes do ano, co que se alcanzaron os 234.l71 desempregados, segundo os datos difundidos hoxe polo Ministerio de Traballo e Inmigración.
En toda España o número de parados rexistrados subiu en 82.132 persoas en febreiro, un 2,03% respecto a xaneiro, co que o volume total de desempregados se situou en 4.130.625 persoas, o seu nivel máis alto en toda a serie histórica comparable, que arranca en 1996.
Deste modo, a comunidade galega sitúase como a segunda co aumento máis contido (se se exceptúa o caso de Baleares, que reduciu o paro), por detrás do País Vasco, onde subiu un 1,07%. En termos interanuais, o paro creceu un 13,36% en Galicia, respecto a febreiro de 2009 e sumou 27.601 persoas máis nos últimos doce meses. Así mesmo os datos do mes pasado reflicten que o 46,67% dos galegos desempregados son homes (109.297), mentres que o 53,33% son mulleres (124.874).
(HABERÁ AMPLIACIÓN)