Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 03/09/2010 15:20

O paro e a "deterioración" dos servizos públicos centrarán a actividade do PSdeG neste período de sesións

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 Sep. (EUROPA PRESS) -

   A "dramática" situación do mercado de traballo e a "deterioración" dos servizos públicos centrarán a actividade do Grupo Parlamentario Socialista durante o presente período de sesións, tal e como indicou hoxe o seu voceiro, Xaquín Fernández Leiceaga, quen admitiu que se ben non se trata de "cuestións orixinais", defendeu que "deben ter un reflexo" nos próximos presupostos da Xunta.

   Sobre o primeiro dos asuntos, o dirixente socialista destacou, en rolda de prensa, o "alarmante crecemento" do desemprego a pesar de que Galicia rexistra "unha menor presión demográfica" que outras comunidades e unha importante caída da poboación activa. Dito isto, concluíu que a situación de "destrución de emprego" responde a que os mecanismos económicos "non están a funcionar", xa que dende a chegada de Alberto Núñez Feijóo á Xunta se perderon "75.000 postos de traballo".

   En canto aos servizos públicos, Leiceaga recordou o informe presentado pola Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, segundo a cal Galicia se sitúa entre as tres comunidades con peores servizos sanitarios públicos. "Ponnos no pelotón de cola", lamentou, tras o cal reflexionou sobre que as autonomías que comparten con Galicia os últimos postos do ranking están lideradas polo PP --salvo Canarias, que goberna en coalición--. "Non é unha cuestión de presupostos, senón de ideoloxía", remachou.

   Á situación da sanidade sumou a continuación a do sistema educativo público, respecto do que os socialistas, segundo subliñou, teñen "tódalas luces de alarma acendidas" ante a "deterioración" dun servizo que debe funcionar como "un ascensor social" e un "elemento de modernización".

   Neste escenario, o voceiro dos socialistas galegos na Cámara autonómica incidiu en que "outros presupostos son posibles" e en que "hai marxe para reorientar o gasto" baixo "criterios de eficiencia" e introducindo modificacións fiscais que permitan actuar sobre os ingresos co fin de "blindar" a políticas de emprego e benestar como "máxima prioridade" da Xunta.

   Convencido de que o Goberno galego non seguirá estas teses porque "está instalado na autocompracencia", avanzou o voto en contra do seu grupo aos presupostos do ano próximo. "Fan falta novas ideas ante unha situación cambiante que esixe modificar as prioridades para combater a crise", recalcou Leiceaga, quen evidenciou que os mandatarios da Xunta están "prematuramente envellecidos".

ASUNTOS "DE PAÍS"

   Á marxe destes dous temas, o deputado do PSdeG tamén aludiu a outros asuntos "de país" sobre os que o seu grupo intentará chegar a acordos coas demais forzas. Concretamente, sinalou a reforma do Estatuto e a nova Lei da CRTVG, o relatorio da cal intentarán "activar".

   Ademais, dada a súa condición de principal grupo da oposición, os socialistas centrarán o seu labor de control na aplicación do decreto que regula o uso do galego no ensino para "evitar que se lesionen dereitos" e na contratación de obra pública, dado que o conselleiro do ramo, Agustín Hernández, está actualmente imputado por falsidade documental.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 La ola de frío se agudizará el fin de semana Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.