Patronal do Metal insiste en pedir "cambios" na dirección de empresas do naval que tiveran "xestión errónea"

VIGO, 10 Feb. (EUROPA PRESS) -

   A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) insistiu este venres en reclamar "cambios" nos órganos de administración e dirección de empresas do sector naval que tiveran unha "xestión errónea".

   Nun comunicado, esta asociación reiterou que defende o mantemento de todos os centros do naval, e cualificou de "positivo" que "un estaleiro" se manteña activo --en referencia á aprobación do convenio de Vulcano, aínda que sen citalo expresamente--. Non obstante, sinalou que esa decisión deixaría de ser positiva "se a súa pervivencia non vai asociada á execución de cambios que supoñan unha garantía de futuro".

   Por iso, Asime subliñou a necesidade de que se acometan eses cambios naquelas empresas "a xestión errónea das cales ten un elevado efecto arrastre sobre o resto da industria naval".

   A ese respecto, a organización patronal mostrou a súa confianza en que a Xunta realice as "modificacións oportunas" para "evitar que se continúen provocando danos irreparables na industria auxiliar, provocando a desaparición de parte dela, dificultando a obtención de financiamento e danando a credibilidade e dignidade deste sector estratéxico para Galicia".

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.