Pedro Puy ve "lóxico" que se dispoñan "medidas prudentes de prevención e loita" contra o yihadismo

Fotos Pedro Puy
EUROPA PRESS/REMITIDO
Actualizado: lunes, 2 marzo 2015 14:58

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 Mar. (EUROPA PRESS) -

O voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, considerou este luns "lóxico" que se establezan "medidas prudentes de prevención e loita" contra o yihadismo, á vista das "actuacións" que "está a realizar en diversos países da UE".

Así o dixo Puy Fraga ao ser preguntado en rolda de prensa sobre a decisión do Ministerio de Interior de reforzar a seguridade na Catedral de Santiago, como publica o diario 'ABC'.

E é que, recordou, "tódolos países occidentais" están "en risco" ante o "terrorismo fundamentalista islámico" e algúns deles xa foron obxecto dos seus "ataques".

Por todo iso, o deputado popular xulgou "lóxico" actuar neste sentido, tras expresar a súa "confianza" na "capacidade" dos servizos de seguridade de España á hora de "facer fronte ás ameazas que ten a convivencia pacífica e democrática".