Pensións e desigualdade centrarán o próximo pleno do Parlamento

Xunta de Portavoces
EUROPA PRESS
Actualizado 13/03/2018 13:34:19 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Mar. (EUROPA PRESS) -

As protestas cidadás rexistradas nas últimas semanas pola situación das pensións e contra a desigualdade entre homes e mulleres centrarán a maioría das iniciativas dos tres grupos da oposición no próximo pleno, sesión na que se debaterá a reforma da lei de saúde.

Diso deron conta os portavoces das forzas con representación na Cámara, PPdeG, En Marea, PSdeG e BNG, após a reunión da Xunta de Portavoces, na que se marcou a orde do día do pleno que terá lugar os días 20 e 21 de marzo.

Nesta sesión, ademais, comparecerá a conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen abordará desde o hemiciclo do Pazo do Hórreo a comercialización dos produtos do mar.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)