Un pesqueiro afúndese no porto da Coruña e provoca unha pequena mancha de gasóleo no mar

Publicado: sábado, 18 febrero 2017 20:15

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Feb. (EUROPA PRESS) -

   Un pesqueiro foise a pique este sábado no porto da Coruña e provocou unha vertedura de gasóleo que deixou unha macha de "pequenas dimensións" no mar.

   Diso deu conta o 112, que explicou que o afundimento obrigou a instalar na zona barreiras e mantas anticontaminación.

   A central tivo coñecemento do que estaba a ocorrer sobre as 13,45 horas, de modo que o trasladou a Salvamento Marítimo e o Servizo de Gardacostas de Galicia, así como á Garda Civil.