Los Planetas tocarán en Palexco (A Coruña) o 22 de decembro

O concerto dos Planetas será en Palexco
REMITIDA
Publicado: viernes, 15 diciembre 2017 18:28

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Dic. (EUROPA PRESS) -

Los Planetas tocarán finalmente no hall de Palexco, o Palacio de Congresos da Coruña, o vindeiro venres 22 de decembro, após o cambio de recinto obrigado polo peche temporal da Sala Inn Club.

A apertura de portas está anunciada para as 22,30 horas e as entradas teñen un prezo de 24 euros xunto a gastos de xestión se se compran de maneira anticipada.

A Sala Inn Club, vinculada ao proxecto dos promotores de Pelícano, nos cantóns coruñeses, tivo que recolocar diversos concertos este mes de decembro por obras "imprevistas" de acondicionamento.

O dos granadinos, un dos concertos que máis expectación xerara, será finalmente en Palexco, onde presentarán as cancións do seu último álbum, 'Zona temporalmente autónoma'.