Miércoles, 10 de febrero 2010
 


Pleno

A Cámara aproba por unanimidade defender a galeguidade das caixas e reformar a lei do sector

O PSdeG cre que abrirse ao exterior é "unha esixencia" e o BNG pide superar intereses "persoais, electorais ou localistas"

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Nov. (EUROPA PRESS) -

   Os tres grupos con representación no Parlamento de Galicia --PP, PSdeG e BNG-- aprobaron hoxe por unanimidade unha moción na que instan á Xunta a "defender que os centros de decisión das caixas de aforro galegas se manteñan en Galicia" e na que manifestan a "necesidade de elaborar e aprobar unha nova lei de caixas" na comunidade.

   Durante o debate dunha moción presentada polo BNG, o deputado nacionalista Fernando Blanco defendeu que unha fusión entre as caixas galegas, da que esta formación política é partidaria, "non significa que a caixa do sur lle gañe á do norte ou que a do norte lle gañe á do sur", senón que implicaría a creación dunha nova caixa para toda Galicia.

   Así, pediu ao Goberno galego que faga explícita a súa posición respecto a este movemento e alertou contra a "moita hipocrisía" que existe, ao seu xuízo, nas manifestacións feitas sobre unha hipotética fusión por diferentes actores sociais e económicos galegos, nas que detecta "localismo". "A nova caixa non ten que ver coas vitorias duns e outros e terá novos xestores e non pasa nada", advertiu e chamou a non poñer antes que os intereses do país outros "persoais, electorais ou localistas".

   Blanco reafirmouse en que, en calquera caso, os centros de decisión das caixas, sexan un ou dous, deben permanecer en Galicia. Ademais, defendeu que esa nova caixa pola que aposta o BNG "necesita unha nova lei", na que reiterou que se debe establecer "unha maior presenza do Goberno galego".

APERTURA AO EXTERIOR

   Pola súa parte, o voceiro do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, sostivo que a "apertura ao exterior" das caixas "non é que sexa desexable, é que é unha esixencia da realidade actual". Neste escenario, dixo, pódese crecer fóra con novas oficinas e alianzas, pero indicou que "é distinto facer de Zara que de Unión Fenosa", en alusión a que esta última foi adquirida pola empresa Gas Natural.

   "Tamén podemos ser obxecto dunha absorción", destacou e alertou que os movementos e acordos entre outras caixas están a provocar cambios moi rápidos no mapa financeiro estatal e na posición que Caixa Galicia e Caixanova ocupan neste. Noutras comunidades, proseguiu, sí se dan fusións e preguntouse se en Galicia "é ou non é viable". Neste punto, reclamou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que explique as posibilidades dunha fusión.

   Ademais, fixo alusión a "rumores" de que está formalizada ante o Banco de España unha proposta "interrexional" coa participación dalgunha caixa galega. "Temos que ser cabeza de león, non podemos ser nin cola de león nin cola de rato, afirmou e sinalou que é necesario explicar os custos dunha fusión, pero tamén os de non se fusionar ou os dunha absorción, que "son moito máis altos".

"PRUDENCIA E CONFIANZA"

   O voceiro en materia de economía do PPdeG, Pedro Puy, polo seu lado, insistiu en que o Goberno asume o proceso con "prudencia e confianza nas institucións", dende o Banco de España, ás propias caixas ou os responsables do Goberno galego.

   Así, considerou "fundamental" manter a galeguidade das caixas, pero agregou que se esixe tamén viabilidade futura". "As caixas só fan país cando funcionan con profesionalidade, independencia e eficacia", resolveu.

   Puy concordou coa necesidade de reformar a Lei de Caixas de Galicia, pero a este respecto apostou por "non facer ningún tipo de intervencionismo económico" que afecte á "solvencia" das dúas entidades galegas.

SUBA DE IMPOSTOS

   Por outra banda, o Parlamento aprobou, cos votos en contra de BNG e PSdeG, unha moción rexistrada polo deputado 'popular' Pedro Arias na que censura a política fiscal do Goberno estatal, "pois é case a lección primeira que subir impostos en época de crise é deprimir o consumo".

   Pola súa banda, a voceiro do PSdeG, María José Caride, acusou ao PPdeG de estar a tratar de "non falar dos problemas de Galicia e esconder a súa irresponsabilidade e incapacidade para gobernar" e defendeu, respecto á reforma fiscal anunciada polo Executivo central, que "o importante é saber por que e para que se fai". Tamén o representante do BNG, Fernando Blanco, censurou que os 'populares' pretendan "converter este Parlamento --o galego-- no Parlamento do Estado".

   Blanco pediu ao Goberno autonómico que "máis alá de lamentarse" presente "alternativas" fronte á política fiscal estatal. A "clave", dixo, é para o BNG "incrementar a capacidade de autogoberno e, polo tanto, un novo Estatuto".





Presidencia EU
Terremoto en Haití
 
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Bill Murray será un fantasma en la nueva CazafantasmasBill Murray será un fantasma en la nueva Cazafantasmas El iPad, nominado a los Fiasco Awards El iPad, nominado a los Fiasco Awards La 1 estrena en televisión la película 'Camino'La 1 estrena en televisión la película 'Camino'
CHANCE
Foto: ep
jaime ya no es duque de lugo

La Infanta Elena y Marichalar, oficialmente divorciados


La Infanta Elena y Jaime de Marichalar están oficialmente divorciados. El pasado 21 de enero se inscribió en el Registro Civil de la Familia Real la sentencia del procedimiento de divorcio, por mutuo acuerdo, de su matrimonio, ha informado este martes la Casa Real en su página web.Ampliar

 


PORTALTIC.es
Foto: THQ
PS3 y Xbox 360

Análisis.- 'Darksiders' o si el apocalípsis llegase a Hyrule...


   Guerra. Nunca un nombre que encierra tanta tragedia sirvió tan bien para nombrar al protagonista de un videojuego. El primer jinete del Apocalipsis sigue los pasos de un tal Link en una aventura con la que THQ nos ha sorprendido nada más empezar el año: 'Darksiders'. Combates con espada, magia, objetos para resolver puzles, mazmorras temáticas, cofres, enemigos mastodónticos y un caballo. Pero no, no es 'Ocarina of time' ni 'Twilight Princess'.Ampliar

 


Economía y Finanzas

Foto: EP
Quienes especulan, atacan las monedas débiles

La banca y las cajas descartan conspiraciones para hundir el euro


El presidente de la Asociación Española de Banca (AEB), Miguel Martín, y su homólogo en la Confederación Española de Cajas de Ahorros (CECA), Juan Ramón Quintás, descartaron este martes la existencia de un movimiento conspirativo con el objetivo de hundir la cotización del euro respecto a otras divisas en los mercados internacionales.Ampliar

 


EPSocial
Foto: Reuters
ayuda tras el terremoto

UNICEF agradece al Gobierno español los 10 millones aportados para Haití


El Fondo de Naciones Unidas para la Infancia (UNICEF) agradeció este martes al Gobierno español su aportación de 10 millones de euros para las actividades que esta agencia humanitaria está llevando a cabo en Haití para asistir a los damnificados por el terremoto del pasado 12 de enero.Ampliar

 


DEPORTES
Foto: Reuters
El delantero se sincera

'Kun' Agüero: "Ahora mismo sólo pienso en la Copa del Rey"


El delantero argentino Sergio 'Kun' Agüero analizó la actualidad del Atlético de Madrid, tanto en Copa del Rey como en Liga, y recordó sus inicios y primeros días cuando llegó a España como jugador del conjunto rojiblanco.Ampliar

 



www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press.
© 2010 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.