A Policía Autonómica tramitou case 300 denuncias pola venda de alcohol a menores

Europa Press Galicia
Actualizado: domingo, 27 mayo 2012 15:25

SANTIAGO DE COMPOSTELA 27 May. (EUROPA PRESS) -

A Policía Autonómica tramitou un total de 272 denuncias contra establecementos e menores por infrinxir a lei de prevención de bebidas alcohólicas.

Dende a entrada en vigor da lei, a Policía leva a cabo as fins de semana dispositivos para detectar a venda, consumo e subministración de alcohol a menores.

Como resultado das 581 inspeccións realizadas, foron cumpridas 272 actas de denuncia, das cales 132 foron a menores e 140 a locais.

Ademais, informouse os propietarios dos locais do contido da Lei 11/2010 e das actuacións que deben realizar para o seu axeitado cumprimento.

Contenido patrocinado