A Policía comisa 280 quilos de ameixa nun operativo contra o furtivismo na ría de Ferrol

Nota Vicepresidencia: A POLICÍA AUTONÓMICA INCAUTA 280 QUILOS DE AMEIXA NUN OPER
EUROPA PRESS/XUNTA
Actualizado: miércoles, 27 agosto 2014 18:13

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Ago. (EUROPA PRESS) -

A Policía Autonómica comisou un total de 280 quilos de ameixa nun operativo destinado á "prevención e o control" do marisqueo furtivo na ría de Ferrol.

Segundo indicou a Xunta a través dun comunicado, o dispositivo tivo lugar na noite do martes en distintos puntos da enseada da Barca, en Mugardos, e permitiu a incautación dos 280 quilos de ameixa citados, 21 cubos, 13 lanternas e 24 aixadas.

Ademais, neste operativo identificouse medio centenar de persoas e expedíronse 48 actas de infracción por parte da Policía Autonómica.