A Policía identifica a un mozo disfrazado de titiritero e cun cartel que poñía 'Gora Alka-ETA'

Actualizado: miércoles, 10 febrero 2016 18:15

OURENSE, 10 Feb. (EUROPA PRESS) -

A Policía Nacional de Ourense identificou a un mozo da cidade que ía disfrazado de titiritero e portaba un cartel no que se podía ler 'Gora Alka-ETA'.

Os feitos tiveron lugar sobre a 1,45 horas do luns de Carnaval na Praza Maior de Ourense, segundo fontes da Policía Nacional que tamén detallaron que un grupo de catro axentes acudiu á zona para identificar a persoa que ía disfrazada de marionetista despois de recibir unha chamada en comisaría.

Tras tomar os datos do mozo, a quen trasladaron dende a carpa ata un furgón policial, os axentes requiriron tamén a documentación a dous amigos da persoa disfrazada e a unha terceira persoa que se achegou para coñecer o motivo da intervención policial.

Fontes policiais confirmaron que os axentes presentaron os datos do mozo disfrazado ao xulgado de garda para que decida se procede ou non abrir dilixencias contra el.