Imputados os presuntos autores de dous incendios en Frades e Salceda de Caselas

Incendio forestal en Oia
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: jueves, 17 abril 2014 14:45

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 Abr. (EUROPA PRESS) -

   Axentes da Policía Autonómica informaron este xoves da imputación dos presuntos autores de incendios forestais nos concellos de Frades (A Coruña) e Salceda de Caselas (Pontevedra).

   Segundo informou a Xunta, os axentes da Xefatura Territorial de Santiago imputaron o presunto autor dun lume que tivo lugar o pasado 11 de abril na parroquia de Gafoi, en Frades. O lume orixinouse por unha neglixencia nunha queima forestal e arrasou oito hectáreas de monte raso e tres de arborado.

   Así mesmo, a Policía Autonómica de Vigo informou da imputación doutro home como presunto autor dun incendio forestal acontecido na parroquia de Parderrubias, en Salceda de Caselas, o 10 de abril.

   Ao igual que no anterior caso, as lapas se orixinaron a raíz dunha neglixencia nunha queima controlada de restos forestais. Resultaron afectados 1.800 metros cadrados de monte.

   Con estes dous detidos son xa 23 as persoas imputadas ou detidas pola Policía Autonómica por delitos relacionados con incendios forestais en Galicia.