A Policía investiga a aparición dun cadáver nun galpón do Casco Vello de Vigo

Actualizado: lunes, 15 septiembre 2014 14:45

VIGO, 15 Sep. (EUROPA PRESS) -

A Policía investiga a aparición dun cadáver, que foi localizado por un viandante nun galpón da rúa Poboadores, no Casco Vello de Vigo, segundo informaron fontes policiais.

Unha dotación da Policía Local acudiu na tarde do pasado venres á devandita rúa, tras recibir un aviso dun cidadán que localizara un corpo sen vida. Segundo esta testemuña, o cadáver estaba nunha especie de alpendre nos xardíns do antigo asilo de Pi i Margall.

Os axentes atoparon o cadáver, que estaba en posición decúbito supino (tombado boca arriba) e en avanzado estado de descomposición. Xa se iniciaron as dilixencias para descubrir a súa identidade.

Nesa zona do barrio histórico de Vigo son comúns as infraviviendas e casas en ruinas ocupadas por indixentes.