A Policía Local de Vigo detén a un home por violar unha orde de afastamento e outro por roubar unha moto

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 17 noviembre 2008 16:43

VIGO 17 Nov. (EUROPA PRESS) -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a pasada semana a un home de 46 anos de idade, F.F.C., por un presunto delito de quebrantamiento de condena, ao ser sorprendido cando incumpría unha orde de afastamento da súa ex parella.

Segundo informaron hoxe fontes policiais, os feitos aconteceron onte a mediodía nun domicilio da rúa San Xoan, na parroquia viguesa de Valadares. Dende alí, unha muller alertou os axentes de que o seu marido estaba nas proximidades da casa.

A patrulla actuante comprobou que o home, que estaba no terreo da casa en compañía dun dos seus fillos, tiña en vigor unha orde que lle obriga a afastarse da súa muller e non se achegar a menos de 300 metros dela, emitida polo Xulgado de Violencia contra a Muller de Vigo, polo que procedeu á súa detención.

Por outra banda, axentes deste corpo detiveron a J.A.S.A., de 41 anos de idade, como presunto autor dun delito de falsificación documental e outro de roubo de uso de vehículo a motor, ao comprobar que circulaba nun ciclomotor que figuraba como subtraído dende o pasado 11 de novembro.

A Policía localizou a este suxeito onte porque se viu implicado nunha colisión cun turismo na confluencia das rúas Beiramar e Coruña, como consecuencia do cal tivo que ser trasladado a un centro médico. Ao comprobar as placas de matrícula, os axentes decatáronse de que o número estaba alterado con fita illante negra, e que a moto figuraba como roubada, polo que detiveron o condutor desta, que estaba ingresado no Hospital Xeral.

Por últimos, fontes da Policía Local de Vigo informaron da detención un home de 32 anos de idade, S.A.D.C.S., de nacionalidade angolana, ao que sorprenderon, indocumentado, nas inmediacións da praza de O Berbés. Foi detido por estanza irregular en España.

Contenido patrocinado