Política Lingüística crea un tradutor automático castelán-galego na súa páxina web e desenvolve un servizo inverso

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 16 mayo 2008 16:58

SANTIAGO DE COMPOSTELA 16 May. (EUROPA PRESS) -

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta incorporou na súa páxina web un servizo de tradución na Rede para pasar textos do castelán ao galego automático de ata 2.500 carácteres ao que se pode acceder de xeito gratuíto.

Precisamente, este servizo, denominado Es-GI e desenvolvido no Centro Ramón Piñeiro, entra en funcionamento coincidindo coa celebración mañá do Día das Letras Galegas, que tamén posúe unha versión que permite a tradución dun maior volume de texto.

Deste modo, Política Lingüística distribuirá licenzas desta aplicación nos concellos, no Parlamento de Galicia, nos centros de ensino e na Administración de xustiza, xunto cos medios de comunicación e a Administración periférica do Estado.

Na actualidade, está en proceso de elaboración unha nova ferramenta para abordar a tradución automática do galego ao castelán, que foi adxudica recentemente nunha convocatoria pública, na que tamén se incluíu o primeiro tradutor inglés-galego e galego-inglés.

Así mesmo, a secretaría xeral estuda desenvolver novas aplicacións con outras linguas que "faciliten a chegada de textos escritos" en galego a outros idiomas e viceversa", no marco de "cumprir" o Plan Xeral de Normalización Lingüística.

Contenido patrocinado