Pontón (BNG) afirma que Feijóo ten nas mocións de censura a súa "carta de presentación" para as próximas municipais

Fwd: Ponton En Fene Acusa Feijoo Usar Mocións De Censura Como Estratexia Elecció
BLOQUE NACIONALISTA GALLEGO
Actualizado: lunes, 23 octubre 2017 19:18

A portavoz do BNG visitou o municipio de Ferrolterra para trasladar o seu apoio o executivo que lidera a formación nacionalista

FERROL, 23 Oct. (EUROPA PRESS) -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considerou que o presidente da Xunta e líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, ten nas "mocións de censura" a súa "carta de presentación" de cara ás próximas eleccións.

Ana Pontón compareceu este luns ante os medios en Fene, A Coruña, onde se referiu a a moción de censura presentada polo PP e Somos Fene neste municipio e que será debatida o vindeiro xoves ás 12,00 horas.

Na súa intervención, a líder dos nacionalistas galegos asegurou que con esta medida busca "tapar a corrupción do PP" e "faise con pactos contra natura" xa que, segundo indicou, "non deixa de ser sorprendente que se aliaron o Partido Popular e dous tránsfugas da Marea".

A portavoz nacional do BNG pediulle ao presidente do PPdeG e máximo mandatario da Xunta que "non sexa cómplice cunha moción de censura ilexítima" e lembrou que algúns dos concelleiros do PP neste Consistorio "están a ser investigados por casos de corrupción". "Que deixe traballar a un grupo que ten o respaldo da sociedade e que está a mirar polo ben común", reclamou.

APOIO AO GOBERNO

Así mesmo, asegurou que a súa presenza neste municipio da comarca de Ferrolterra busca darlle "apoio" ao alcalde do Bloque, Juventino Trigo, así como ao resto de integrantes do seu goberno.

"Estamos a ver con estupor como se cociña unha moción de censura con intereses escuros co obxectivo de destruír un executivo que funciona, de portas abertas e que está a pór en marcha unha nova formada de facer política", indicou.

Pola súa banda, Juventino Trigo (BNG) mostrou o seu agradecemento pola presenza de Ana Pontón no municipio que el rexe, así como "outras mostras de agarimo que estamos a recibir nos últimos días".

Na súa intervención, insistiu en que "non existe ningún motivo obxectivo" para a presentación desta moción de censura e asegurou que "Fene está a funcionar como non facía hai moitos anos". "Cambiamos a forma de facer política", manifestou para insistir en que foi presentada por "por intereses persoais que se mostrarán ou dirán no seu momento".

Ditas manifestacións realizáronas ambos os mandatarios políticos no barrio de San Valentín, durante unha visita realizada a uns traballos de humanización que se están executando no barrio creado a finais da década dos 60 e principios dos 70, para acoller aos traballadores, e as súas familias, de todos os operarios da antiga Astano.