O PP citará á oposición a próxima semana para negociar a reforma electoral e rexeita a proposta do BNG

La portavoz del PPdeG, Paula Prado
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 24 mayo 2013 15:58

SANTIAGO DE COMPOSTELA 24 May. (EUROPA PRESS) -

A voceira do PPdeG, Paula Prado, avanzou este venres a intención do grupo popular de citar "no marco da próxima semana" á oposición para empezar a negociar a reforma da lei electoral, ao tempo que rexeitou a proposta rexistrada polo BNG ao entender que non achega "ningunha redución de custos" e que "o único que pretende é que non goberne" a formación que lidera Alberto Núñez Feijóo.

Tras considerar "sorprendente" que o BNG se erixira en "voceiro de UPyD e Mario Conde", en alusión aos mecanismos que propoñen para distribuír os escanos e á eliminación do listón do 5 por cento para entrar en O Hórreo, Prado situou no polo oposto a iniciativa popular que aspira a "aforrar" máis de 5 millóns de euros ao reducir de 75 a 61 os deputados do arco parlamentario galego.

Ademais, defendeu que a proposta popular non provocaría variacións con respecto á actual composición da Cámara, mentres que a aplicación da do BNG suporía que o actual grupo maioritario perdese a súa maioría absoluta, polo que interpretou que a proposición de lei nacionalista supón "unha vulneración da democracia". "Faise para que non goberne o PP", insistiu.

En calquera caso, valorou o "cambio de postura" dos partidos da oposición, que tanto BNG como PSdeG traballen en "propostas" e que AGE anticipara que tamén o vai facer. Neste escenario, avanzou que o PPdeG afrontará as negociacións que "liderará" o seu voceiro parlamentario, Pedro Puy, "sen apriorismos" e co obxectivo de alcanzar un acordo "o máis amplo posible".

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Contenido patrocinado