O PP de Vigo celebra que Gallardón modifique o anteproxecto e admita máis dun tribunal de instancia provincial

Actualizado: jueves, 31 julio 2014 14:45

VIGO, 31 Jul. (EUROPA PRESS) -

O presidente do Partido Popular en Vigo, José Manuel Figueroa, celebrou que o ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, anunciara que se introducirán cambios no anteproxecto de reforma da planta xudicial, o que permitirá que Vigo poida manter o seu tribunal de instancia.

O voceiro popular manifestou que se trata dunha "magnífica noticia para Vigo e para Galicia, froito do esforzo realizado dende todos os estamentos xudiciais da cidade en defensa dun cambio indispensable e necesario no anteproxecto de lei", para poder "adaptalo á realidade" da cidade.

De feito, recordou que esta noticia chega despois de "moitos informes, documentos e conversacións políticas" que mantivo nos últimos meses o PP de Vigo cos gobernos galego e español, para incidir na necesidade de que a cidade olívica mantivese ou reforzase o seu actual estatus xudicial.

Figueroa remarcou que a lei formulada por Gallardón é "necesaria" para "mellorar o funcionamento da Xudicatura", pero volveu recalcar que, en todo caso, "tamén era indispensable que non se diluíse o Partido Xudicial vigués" pola súa excepcional singularidade".