Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 07/02/2010 13:16

O PPdeG cre que "o triplete está preto" coas municipais, tras o "éxito" das autonómicas e europeas

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O Partido Popular de Galicia destacou hoxe que "o triplete está preto" cos comicios municipais, tras o "éxito", segundo destacou, obtido nas eleccións autonómicas e europeas.

   "O obxectivo agora son as municipais, unha meta que se vai alcanzar coa mesma fórmula: propostas e traballo duro", avisaron os 'populares' galegos.

   Nun comunicado de prensa no que fai referencia aos datos dun barómetro de intención de voto, o PPdeG "celebra" que hoxe gobernaría "cinco das oito cidades galegas", o que "suporía ostentar o poder no 63 por cento das grandes urbes" da comunidade.

   Ademais, resalta que "as noticias son boas para os populares" no que a concelleiros se refire, xa que sumarían "outro edil por Vilagarcía, Ferrol e Lugo" e "só" perdería un en Pontevedra.

   "En comparación coas eleccións municipais celebradas en 2007, o PP gañaría unha cidade máis, Vilagarcía, e estaría a un só concelleiro de alcanzar tamén Ourense e Vigo", estimou o PPdeG.

BIPARTITOS

   Deste modo, en relación ao novo escenario ao que fai referencia, o PPdeG destacou que os socialistas "pasarían á oposición en máis da metade das cidades nas que actualmente gobernan hoxe de non ser polo apoio do BNG" que, segundo vaticinou, "en 2011 vai seguir sendo necesario para eles".

   Por iso, insistiu en que os "bipartitos seguen tendo problemas" e subliñou que "con sete alcaldes en oito cidades, o PSOE segue sin ser capaz de lograr ningunha maioría absoluta".

   "Unha tendencia que se consolida e confirma a condena da que ningún dos dous partidos pode desfacerse: a de ser irremediables compañeiras de viaxe como único medio para alcanzar o poder", concluíu.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.