O PPdeG loitará por "maiorías estables" despois de que non prosperase a súa "proposta" de que goberne o máis votado

Rueda visita el Auditorio de Galicia antes de la convención
EUROPA PRESS
Actualizado: viernes, 27 febrero 2015 15:27

Rueda contrapón as propostas do seu partido fronte aos que "non" din que van facer porque "esperan a xuntarse" para que non goberne o PP

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Feb. (EUROPA PRESS) -

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, ratificou este venres que a intención do partido que lidera Alberto Núñez Feijóo lograr "maiorías estables" nas próximas eleccións municipais fronte a os que "saen a perder" e prevén "xuntarse" para que non gobernen os populares.

Despois de que o líder do PP, Mariano Rajoy, frease a reforma da lei electoral para que gobernase o máis votado, que abandeiraron con forza os populares galegos, Rueda remarcou que este foi "só unha proposta que ao final non foi adiante". Dito isto, subliñou que "as regras de xogo son as que son" e ratificou que os populares deben "facer o posible" por conseguir maiorías estables".

Preguntato sobre a forza que están a cobrar as 'mareas' cidadás, insistiu en que o PPdeG ofrece "estabilidade" e as propostas que "ofreceu sempre" que se presenta aos comicios. Todo iso fronte aos que "saen dicindo que non son nin dereitas nin de esquerdas, e que non teñen nada que propoñer, que xa se verá se é que alcanzan a confianza".

Fronte a iso, Rueda defendeu que as propostas hai que facelas "antes" para dicir aos cidadáns o que "queren" os partidos.

"GAÑAR AS ELECCIÓNS"

"E nós queremos gañar as eleccións e levar adiante o noso programa", remarcou, fronte aos que "esperan a xuntarse entre todos" para intentar que non goberne o PP e que pretenden "deixar para máis adiante" os compromisos.

"Pero iso vale pouco", advertiu, convencido de que "moita xente busca estabilidade de gobernos" que contribúa a "saír con paso firme da crise". "E iso é o que queremos", defendeu, antes de apostar por "saír a gañar" fronte aos que "salguen a perder" e a que "non gañe" o PP, fronte aos que "empezan pouco a pouco a descubrirse".