O PPdeG reivindica que a traxedia de Angrois "volveu unir como país" aos galegos

Actualizado: viernes, 25 julio 2014 14:39
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Jul. (EUROPA PRESS) -

   O PPdeG expresou un "profundo e emotivo recordo" ás vítimas do accidente ferroviario do Alvia, acontecido hai un ano no compostelano barrio de Angrois, e subliñou que se trata dun "feito que nos volveu unir como país".

   No manifesto con motivo do Día de Galicia, os 'populares' subliñan que dende o ano pasado, o 25 de xullo será "o do recordo" dos que viron as súas vidas truncadas e o do "agradecemento" aos veciños de Angrois, os voluntarios e os profesionais que se entregaron á atención das vítimas e os feridos.

   Así, o PPdeG proclama que "Galicia non é a mesma" dende o pasado 24 de xullo" e reivindica "esa idea colectiva de pobo que afronta con solidariedade e determinación as adversidades". "Hoxe temos un motivo máis de orgullo para seguir sentíndonos galegos. Sen cores políticas, sen ideoloxías, pero cun profundo sentimento de arraigamento a unha terra que, como dixo Eduardo Pondal, está sucada por 'bos e xenerosos", apunta.

   Así mesmo, no seu manifesto, os 'populares' tamén aluden á crise económica e, aínda que destacan que comeza a haber "esperanzadores resultados en forma de creación de emprego", rexeitan caer no "triunfalismo" porque "aínda queda moito por traballar".

   O PPdeG tamén alude á lingua galega "compatible coa incorporación de novos idiomas no ensino público para garantir a internacionalización dos galegos do futuro" e ao modelo demográfico como "o grande reto pendente" dos galegos ante as novas xeracións.

   Ao respecto, os 'populares' advirten que, "como tarefa común, como reto de país, esixe de grandes consensos, de amplos acordos, de máis xenerosidade e de menos partidismo". "Porque a Galicia do mañá temos que construila dende hoxe", agrega.

   "É un 25 de xullo para, en definitiva, recordar, honrar, reivindicar, impulsar e celebrar. É un día por e para Galicia, por e para todos os galegos de dentro e de fóra das nosas fronteiras", conclúe o manifesto do PPdeG con motivo do Día de Galicia.