Preferentistas de Santiago ameazan con retomar as mobilizacións

Plataforma de afectados por preferentes de Santiago
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: jueves, 24 julio 2014 18:35
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Membros da Plataforma de Afectados por Preferentes e Subordinadas de Compostela e Bisbarra ameazan con retomar as mobilizacións ao coñecer o recurso interposto contra a sentenza que lle daba a razón a unha veciña da capital galega, que obrigaba a Abanca a devolverlle uns 80.000 euros atrapados nestes produtos.

   Este xoves, máis dunha decena de persoas volveu á oficina central desta entidade en Santiago, na Praza de Galicia, e volveron facer soar as súas bucinas para mostrar a súa repulsa ao recurso. "Din que é o FROB. Pero non entendemos, non é lóxico que agora empecen a poñer recursos que ao mellor atrasan varios meses o reintegro do diñeiro", denunciou, en declaracións a Europa Press, un membro da plataforma, Antonio Sánchez.

   "Quedei que case me dá algo", explicou, pola súa parte, a afectada, Carmen Gondelle, sobre o momento en que, hai apenas unha semana, o seu avogado lle comunicou a decisión do banco de recorrer a sentenza que era favorable aos seus intereses. "Estaba convencida de que xa ía cobrar", sinalou. O xuízo celebrouse o pasado 4 de xullo.

   Por iso, ante este escenario, Sánchez avisou de que darán "uns días" á entidade -- antiga Novagalicia Banco, agora maioritariamente propiedade do grupo venezolano Banesco-- e, de non recibir unha resposta ás súas reivindicacións e unha explicación a estes recursos, que aseguran que son xa "varios", retomarán as protestas diarias na sucursal principal compostelana.

   "Tomaremos de novo o banco, e coa bucina todo o día, de dez a unha; e faremos todo o posible por que o maior número de clientes retiren o seu diñeiro", asegurou Antonio Sánchez.