O presidente da CEC reclama "transparencia" fronte a "xuízos mediáticos" na 'Operación Zeta'

Antonio Fontenla
EUROPA PRESS
Actualizado: miércoles, 26 noviembre 2014 14:51

A CORUÑA, 26 Nov. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), Antonio Fontenla, reclamou "transparencia" e "non xuízos mediáticos", ao ser preguntado pola 'Operación Zeta', que investiga unha suposta fraude en cursos de formación para obter subvencións públicas.

A preguntas dos xornalistas, dixo que non pode haber "xuízos mediáticos que duren oito meses ou un ano mentres hai unha indefinición da Xustiza". Tamén pediu "transparencia" e que "se aplique a lei", ao ser preguntado por unha operación que suma un total de 30 imputados, entre empresarios e excargos públicos, entre outros.

Fontenla realizou estas manifestacións tras comparecer, en rolda de prensa, xunto ao candidato á presidencia da CEOE Antonio Garamendi. Aínda que non mostrou o seu apoio explícito a Garamendi, si o insinuou remitíndose á expresión da súa cara. Del, dixo que é "un grande empresario". "Moi envorcado na CEOE", apostilou.