O prezo do leite volve baixar en xullo en Galicia ata 27,6 céntimos e segue como o máis baixo de España

Actualizado: jueves, 3 septiembre 2015 18:46

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 Sep. (EUROPA PRESS) -

O prezo do leite que se paga a produtores en Galicia volveu descender en xullo ata situarse en 27,6 céntimos o litro, fronte aos 27,9 céntimos que se pagaban en xuño.

Deste modo, Galicia continúa como a Comunidade na que menos se paga polo leite aos gandeiros (27,6 céntimos) a 2,1 céntimos da media española (29,7 céntimos). As seguintes autonomías con peores prezos son: Cantabria (28,7 céntimos) e Aragón (29,9 céntimos); mentres todas as demais superan os 30 céntimos o litro.

Nos datos de xullo, que deu a coñecer este xoves o Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), obsérvase que caeron os prezos que se pagan en todas as autonomías a excepción de Canarias, que se mantén invariable como a cantidade maior de todo o Estado, con 45,1 céntimos. O prezo medio en España pasa dos 30,3 céntimos de xuño aos 29,7 céntimos de xullo.

Así as cousas, en xullo un total de 9.356 gandeiros venderon leite por unha cantidade de 224 millóns de quilos de leite, o que supón menos dos 225,1 millóns de quilos de xuño.

Estes datos coñecéronse no mesmo día no que a celebrado unha nova tractorada de gandeiros galegos, neste caso na cidade de Lugo, para protestar polo prezo do leite para protestar a súa continua caída.

De feito, se se comparan os datos de xullo co mesmo mes de 2014, agora os produtores galegos cobran seis céntimos menos por litro, dado que hai un ano o prezo era de 33,7 céntimos o litro fronte aos 27,6 céntimos actuais.