Prisión para o home que matou dun disparo a un mozo nunha praia de Redondela

Prisión para o home que matou a un mozo nunha praia de Redondela
EUROPA PRESS
Publicado: lunes, 26 junio 2017 17:00

REDONDELA (PONTEVEDRA), 26 Jun. (EUROPA PRESS) -

O xulgado de instrución número 2 de Redondela (Pontevedra) decretou este luns o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza de José Luis L.P, o home que supostamente matou dun tiro a un mozo na praia de Arealonga, en Chapela, na pasada noite de San Juan.

Segundo confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a instrución séguese contra este home por dous supostos delitos, un de asasinato consumado e outro de asasinato en grao de tentativa.

Ademais da comparecencia deste detido, que ten un amplo historial de antecedentes delictuosos, este luns pasaron tamén polo xulgado de Redondela que leva o caso cinco testemuñas dos feitos.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)