O PSdeG cre que o plan de acuicultura dá "vía libre á especulación" e é "discrecional"

La diputada socialista Marisol Soneira
Foto: EP/PSDEG-PSOE

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Feb. (EUROPA PRESS) -

   A voceira en materia de pesca do PSdeG, Marisol Soneira, considerou que o plan de acuicultura aprobado este xoves polo Consello da Xunta dá "vía libre á especulación" na costa galega e é "discrecional".

   Nun comunicado, a socialista acusou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de pretender "saltarse todas as medidas de protección ambiental e de preservación pública da franxa costeira", co "único fin" de ocultar "a súa incapacidade para xestionar un plan acuícola" que "xa recibiu feito" pero que non aplicou por "puro sectarismo".

   Soneira advertiu de que a nova norma "vai permitir a expropiación forzosa", en beneficio das empresas particulares que son promotoras de proxectos acuícolas, cando os propietarios de terreos se neguen a vender polo prezo "ofertado". Este modelo, recriminou, é "a volta á época dos gobernos de López Veiga e de Manuel Fraga".

   A Xunta, acusou a deputada, "porá a disposición de todos os particulares o aparato administrativo da Xunta", para que terreos "de altísimo valor" ambiental e paisaxístico rematen en mans de promotores privados.

   Con esta norma, continúa Soneira, "nada impedirá" que onde se proxectou unha planta acuícola que non funcione, o terreo se destine a "unha urbanización, un porto deportivo ou calquera outra fórmula especulativa".

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.