SANTIAGO DE COMPOSTELA 19 May. (EUROPA PRESS) -
A portavoz de Sanidade do Grupo dos socialistas de Galicia, Carmen Acuña, denunciou o uso das pantallas das salas de espera dos hospitais públicos galegos para "a autopromoción da conselleira", Rocío Mosquera, e "do Goberno galego".
Nunha iniciativa rexistrada na Cámara galega, a socialista a criticado que "non é ético nin respectable" que o Executivo autonómico, "na súa obsesión pola propaganda e o autobombo", chegue a utilizar as pantallas nas que se apuntan as quendas dos pacientes como "vehículos publicitarios polos que emitir imaxes e titulares propios do Goberno galego".
"Non é suficiente para o Partido Popular e para o Goberno galego ter ao seu servizo aos medios de comunicación públicos de Galicia, senón que agora queren utilizar os televisores dos centros sanitarios para emitir imaxes e titulares propios", lamentou.
Ante estas cuestións, a deputada socialista reclamou á Xunta que "aproveite este medio de comunicación accidental para facer educación par á saúde" en lugar de para "emitir publicidade para o Goberno galego".