O PSdeG esixe a Feijóo que explique no Parlamento o financiamento do PP de Ourense

El portavoz parlamentario del PSdeG, José Luis Méndez Romeu
EUROPA PRESS
Actualizado: sábado, 22 noviembre 2014 14:44

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Nov. (EUROPA PRESS) -

O voceiro parlamentario do PSdeG, José Luis Méndez Romeu, esixiu ao presidente da Xunta e do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que explique na Cámara galega o financiamento do Partido Popular na provincia de Ourense.

Tras manter este sábado un encontro cos antigos traballadores da Fábrica de Armas na Coruña, o dirixente socialista considerou que as "graves" informacións que transcenden sobre un suposto financiamento a través de "mecanismos ilícitos" no seo do PP de Ourense "reforzan a necesidade de que o presidente ofreza unha explicación" na Cámara.

"Levamos moito tempo demandando que o presidente da Xunta e do Partido Popular de Galicia compareza na Cámara galega para render contas da súa xestión, pero o négase sistematicamente", lamentou Méndez Romeu.

Por iso, o voceiro dos socialistas galegos no Parlamento instou o xefe do Executivo autonómico a comparecer para dar conta "destes asuntos graves" que "teñen que ser sometidos a debate". "Non é suficiente facer unha declaración unilateral, ten que render contas no Parlamento, que é o lugar onde o que di o presidente se somete a debate", insistiu.

REXEITAMENTO DO PP

Sobre esta cuestión, recordou que, hai unha semana, o Partido Popular "votou expresamente" en contra da petición formulada polos socialistas galegos para que o presidente da Xunta "comparecese" ante a Cámara.

"Négase a responder sobre políticas económicas, sociais,...", asegurou antes de considerar que "Feijóo non ten nada que dicir porque, quizais, non ten resposta á sucesión de problemas que ten este país", lamentou.