Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 07/02/2010 16:57

PSdeG propón a PP e BNG unha proposición de lei conxunta para adaptar a Lei de Caixas ao ditame do Consello de Estado

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O PSdeG propón ao PP e ao BNG presentar de forma conxunta unha proposición de lei para "adaptar" a lei de Caixas aprobada por 'populares' e nacionalistas no Parlamento galego ao ditame do Consello de Estado.

   Para iso, o secretario xeral do PSdeG e presidente do Grupo Parlamentario Socialista, Manuel Vázquez, enviará mañá senllas cartas ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez.

   Segundo explicou hoxe o PSdeG, o obxectivo da proposta é que "as tres forzas políticas representadas no Parlamento promovan conxuntamente a adaptación da Lei de Caixas á Constitución e á Lei Orgánica de Caixas de Aforro (Lorca), seguindo as indicacións do Consello de Estado".

   Así, subliñou que, con estas modificacións da lei galega, o Goberno central retiraría o recurso aprobado no Consello de Ministros do pasado venres.

   Non obstante, Manuel Vázquez puntualizou que, no caso de que PP e BNG non acepten, o PSdeG presentará a proposición de lei en solitario para o seu debate en pleno no Parlamento pola vía de urxencia.

"DESPOLITIZAR AS CAIXAS"

   Neste sentido, Vázquez avogou por traballar en vía parlamentaria para chegar a un acordo que permita "achegar solucións" ao futuro do sistema financeiro galego, que pasa por "despolitizar as caixas" e "dialogar coas entidades" para "resolver en vez de impoñer".

   Deste modo, animou o titular da Xunta a "non desperdiciar" a colaboración técnico-xurídica que onte lle ofreceu a vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, para adecuar a norma galega á Constitución e á Lorca.

   Así mesmo, invitouno a sumarse á proposición de lei que mañá lle proporá el mesmo "para solucionar os problemas da lei de Caixas de Galicia no Parlamento galego, que é onde se aprobou".

   "Este sería o camiño para que a Lei de Caixas puidese saír de novo do Parlamento galego, tras a súa adecuación á Constitución e á Lorca, co apoio unánime de todos os grupos", sentenciou.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 Anonymous ataca las web de la CIA y del Gobierno de Alabama

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.