O PSOE considera un "escándalo" a comparecencia de Pastor e o BNG esixe un calendario concreto sobre o AVE

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Feb. (EUROPA PRESS) -

   A deputada do PSOE no Congreso Carmela Silva tachou de "escándalo" a comparecencia deste xoves da ministra de Fomento, Ana Pastor, ao considerar que "non se decatou aínda de que é Ministra e elude calquera tipo de responsabilidade" sobre as infraestruturas en Galicia. Pola súa banda, o voceiro do BNG, Francisco Jorquera, reclamou un calendario concreto para o AVE e censurou tamén que "eludira" responderlle.

   Silva, destacou que "nunca se viu no Congreso por parte dun ministro unha comparecencia deste nivel" e afirmou que é "incrible" que Pastor indique que o AVE a Galicia rematará cando se pague o que falta por inverter e "non sinale se o seu Ministerio e o Goberno do PP realizarán investimentos nas infraestruturas galegas".

   "Se Pastor invertese nas infraestruturas galegas o que inverteu o Ministerio de Blanco estas poderían finalizarse nos prazos previstos, pero tememos que a comparecencia de hoxe indica de forma clara a total ausencia de Pastor nas infraestruturas galegas", criticou a deputada galega.

   Jorquera, polo seu lado, esixiu un calendario "concreto e detallado" das actuacións pendentes na conexión de alta velocidade e reprochou que "se utilice a crise como coartada para xustificar novos incumprimentos con Galicia".

   Así, o nacionalista coincidiu en que a conexión non poderá estar rematada en 2015, segundo figuraba no Pacto do Obradoiro asinado por Feijóo e Blanco, pero reclamou compromisos ao novo equipo de Fomento. Ademais, recriminou á Xunta que "preparase o terreo ao novo Goberno" para xustificar máis atrasos".

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.