O PSOE cre que o paquete lácteo "seguirá sin ser efectivo" tras o cambio, pois as súas medidas son "voluntarias"

Fotos Pablo García
EUROPA PRESS/REMITIDO
Actualizado: lunes, 2 marzo 2015 14:50

Pablo García critica que a "foto" de Feijóo con García Tejerina non servira para corrixir os problemas que afectan aos gandeiros galegos

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 Mar. (EUROPA PRESS) -

O deputado do PSdeG Pablo García denunciou que o paquete lácteo "seguirá sin ser efectivo" tras a reforma aprobada no último Consello de Ministros, toda vez que a figura do mediador entre a industria e os gandeiros e a duración mínima dun ano dos contratos manteñen un carácter "voluntario".

"Segue permitindo que se faga en función da vontade das industrias, e non temos ningún indicador de que estean polo labor", censurou, en rolda de prensa, o parlamentario socialista. Así as cousas, remarcou que o novo decreto do paquete lácteo non será "unha ferramenta útil" para os gandeiros.

Á vista de que os aspectos primordiais para os gandeiros galegos non houbo corrixiu no decreto Pablo García preguntouse "a que foi" o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a reunirse coa ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina.

Máis alá desta "foto" entre ambos os dous dirixentes, reprobou que as actuacións da Consellería de Medio Rural no relativo ao paquete lácteo "brillaron sempre pola súa ausencia". "Non lle coñecemos medidas", abundou, crítico tamén con que o departamento que dirixe Rosa Quintana non expresara "ningunha postura" sobre a súa modificación.

De igual modo, sinalou que a Xunta aínda non se pronunciou sobre a reforma aprobada o pasado venres. "É inaudito", xulgou, e preguntou á conselleira de Medio Rural se agora terá "iniciativa propia" ou se "seguirá de espectadora" mentres os gandeiros galegos seguen cobrando un dos prezos máis baixos da UE a un mes de que finalice o sistema de cotas lácteas.

CONSECUENCIAS

Entre as consecuencias de que non se impoña normativamente que os contratos de industria e gandeiros deben ter unha duración mínima dun ano está a situación dos prezos que sofren actualmente os gandeiros galegos.

O un contrato que exhibiu e que, por 27 céntimos o litro de leite, supón a recollida durante un mes, pero a mes vencido. É o que pasa, sinalou, por "crer" que a renuncia dos gandeiros a unha maior vinculación temporal é polo seu propio interese.