O PSOE critica que Fontenla "se apunte á demagoxia doada" e aconséllalle "atender aos problemas dos empresarios"

Pablo García
Foto: EUROPA PRESS

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, criticou este venres que o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, "se apunte á demagoxia doada" e "se dedique a facer política dende o seu privilexiado sillón", ao tempo que lle recomendou "centrar os seus esforzos en axudar a resolver os problemas dos empresarios galegos".

   A través dun comunicado, o dirixente socialista saíu así ao paso das declaracións do líder da patronal, nas que apostou por "reflexionar sobre a supresión de servizos públicos prescindibles ou a privatización daqueles que carrexan un custo desproporcionado" para as arcas públicas.

   Tras reprobar a súa "frivolidade", advertiulle de que está a "desatender o que debe ser a súa prioridade, que é axudar aos empresarios que atravesan momentos de dificultade" ao "consentir o desmantelamento dos sectores produtivos" que levan consigo "as políticas do Goberno de Feijóo".

   Neste sentido, García referiu que a Xunta "non paga facturas, atrasa certificacións de obra e reduce a licitación de obra pública". "Dada a súa actitude, non sería de estrañar que os empresarios conclúan que quen sobra, en realidade, é el", sentenciou o socialista.

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.