O PSOE denuncia a colocación de "afíns" ao PP no Concello da Coruña

Actualizado: jueves, 21 agosto 2014 14:32
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

A CORUÑA, 21 Ago. (EUROPA PRESS) -

   O Grupo Municipal Socialista da Coruña denunciou a "colocación de afíns" ao PP no Concello herculino e "a contratación de fichaxes estrela, en detrimento do persoal municipal, ao máis puro estilo Baltar", en alusión ao expresidente da Deputación de Ourense.

   Deste modo, a través dun comunicado, os socialistas referíronse á publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da convocatoria das xefaturas de servizo de informática, de museos científicos, de xestión de solo e de innovación.

   "Supón un paso máis ao dado anteriormente en xunta de goberno para intentar regularizar a entrada de funcionarios alleos á Administración local coruñesa", criticaron, tras recordar que "ao longo deste mandato, Negreira se dedicou a cesar a traballadores municipais que demostraron a súa profesionalidade durante anos e a contratar persoal traído doutras administracións".

   Nas súas críticas non só fixeron referencia ao "incremento do custo de persoal" que esta medida supón, senón que o grupo que lidera Mar Barcón tamén apuntou que "a maioría destes habilitados e outros traballadores contratados doutras administracións son afíns (ao PP), o que demostra que Negreira segue os pasos de Baltar".

   Entre outros exemplos, cita o caso do nomeamento da xefa de persoal, da que afirma que é militante "activa" do PP e que "ata fai un ano era auxiliar administrativa no Concello de Arteixo e, nunha carreira meteórica, se converte agora en xefa de servizo de emprego".