SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 May. (EUROPA PRESS) -
O voceiro do PSOE no Concello de Santiago, Francisco Reyes, pediu ao rexedor da cidade, Ángel Currás, que "renuncie" á Alcaldía ao "estar superar polas circunstancias", mentres que o edil do BNG Rafael Vilar esixiu a convocatoria de eleccións municipais ante a "insostible" situación da Casa do Concello.
Así manifestáronse ambos os dous membros da oposición en senllas roldas de prensa convocadas a raíz de coñecerse a imputación do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, no marco das investigacións da 'Operación Pokémon' por supostos delitos de tráfico de influencias, suborno e falsidade documental.
Para Francisco Reyes, o "Partido Popular é o único responsable da imaxe que se está a dar da corporación municipal e da cidade" xa que "a actual situación", na que Varela é o cuarto membro do actual equipo de Goberno involucrado no caso Pokémon, está formulada pola "lista presentada polo PP ás eleccións co visto bo do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo".
"Pensamos que esta situación é complexa e cremos que o alcalde que necesita nestes momentos a cidade non é Ángel Currás pois está superado polas circunstancias", asegurou Francisco Reyes antes de recomendar o rexedor que "faga un servizo á cidade e renuncie ao seu cargo".
Con todo, para o voceiro dos socialistas compostelanos a solución "non pasa por disolver a corporación municipal", senón que o Partido Popular "ten que atopar, na lista que ten, a unha persoa que estea libre de toda sospeita e á que se lle poida encargar a posibilidade de configurar un goberno que sexa quen de sacar adiante esta cidade ata as novas eleccións". Pese ha iso, insistiu que "é o PP" quen "teñen que atopar a solución".
"Habemos ofertado a nosa man para garantir a gobernabilidade deste municipio e intentar saír adiante o máis rápido posible, pero é evidente que o interlocutor non é o actual alcalde", manifestou Francisco Reyes.
Por último, sinalou que o grupo socialista "respecta a presunción de inocencia" do novo edil imputado e considerou que non é necesaria a súa dimisión ao "non ter medidas preventivas".
"CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS"
Pola súa banda, o edil do BNG Rafael Vilar instou o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a iniciar os trámites para "disolver" a corporación municipal de Santiago de Compostela para "convocar eleccións e darlle voz á cidadanía" xa que, ao seu xuízo, "non hai rexeneración posible no PP compostelano".
Para Vilar, a situación da Casa do Concello é "gravísisma e insostible" pois "esta mesma semana" se coñeceron "dúas novas imputacións de concelleiros do Partido Popular, que se suman a unha longa lista de membros do grupo municipal, dous alcaldes, varios concelleiros e altos cargos da administración local".
Así mesmo, o edil nacionalista considerou que "o actual Goberno do PP na cidade de Compostela non ten ningunha lexitimidade", pois "perdeu a que obtivo nas urnas hai dous anos para sacar adiante os designios desta cidade e dos cidadáns".
"A situación é bochornosa, o BNG como forza política na oposición non sente outra cousa que bochorno", manifestou antes de insistir en que quere que "a cidadanía poida determinar, por medio do seu voto, qué Goberno municipal quere para Santiago neste período que falta de dous anos para concluír o mandato".
"DIMISIÓN DE TODOS OS IMPUTADOS"
Por último, tras apelar á presunción de inocencia de Adrián Varela, Esquerda Unida pediu a súa dimisión, xa que vai necesario o cesamento de "tódolos imputados en casos de corrupción".
"Como sempre defendemos será a xustiza quen ditamine baseándose nas leis a posible culpabilidade dos diferentes concelleiros de Santiago nos delitos que se lles acusan, pero consideramos que, por ética e por respecto aos veciños, calquera persoa imputada na Pokémon debe de dimitir", indicou a formación nun comunicado.
Ademais, ante o "escándalo continuado" no goberno municipal da capital galega, EU reclamou "o adianto de eleccións municipais" para que "a cidadanía, co seu voto, decida que futuro quere para Santiago".