Puigdemont traslada por carta a Feijóo o apoio e solidariedade do Govern polos incendios

Puigdemont traslada por carta a Feijóo o apoio e solidariedade do Govern
CEDIDA
Actualizado: lunes, 16 octubre 2017 17:02

BARCELONA / SANTIAGO, 16 Oct. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, envioulle este luns unha carta ao presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na que lle traslada todo o apoio do Govern para facer fronte aos incendios que afectan a esta comunidade.

Na misiva, recollida por Europa Press, expresa a súa "consternación e tristeza" polos danos causados e pola perda de vidas humanas, e transmítelle a sincera solidariedade da Generalitat ante esta situación.

Puigdemont finaliza a carta pedindo ao presidente galego que faga extensivas as condolencias aos familiares das vítimas.