Puy afea a Besteiro por criticar os pactos PP-PSOE

Pedro Puy, portavoz parlamentario del PPdeG
EUROPA PRESS
Actualizado: lunes, 22 diciembre 2014 14:37

O voceiro parlamentario popular recorda que a Xunta regulou unha limitación de 90 euros para regalos e que está a funcionar

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Dic. (EUROPA PRESS) -

O voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, afeou o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, por criticar os pactos entre populares e socialistas e preguntouse se isto implica tamén que se renunciarán a apoios como o que deu o seu partido a Abel Caballero en Vigo para aprobar os presupostos municipais.

Besteiro reiterou esta fin de semana que o PSdeG non pactará "de ningún modo" co PP e volveu insistir en que un e outro partido son como "o aceite e a auga".

"Eu supoño que esa opinión expresa a opinión de todo o Partido Socialista, aínda que sería bo que o alcalde de Vigo se pronunciase sobre o acordo ao que chegou co PP para aprobar os seus presupostos e se iso implica que cando un alcalde socialista como o de Vigo precisa da responsabilidade do PP para non paralizar unha cidade, a partir de agora o PSOE vai renunciar", reflexionou Pedro Puy, en rolda de prensa, ao ser preguntado polas palabras do líder socialista galego.

Dito isto, Pedro Puy defendeu que "o PP e o PSOE, e en xeral todos os partidos que aceptan un sistema democrático, deberían poñerse de acordo sobre algunhas cuestións básicas, institucionais". E, apostilou, á marxe diso "presentar programas, alternativas de xestión dentro das normas" que todas se deron.

"O señor besteiro saberá por que di isto, pero non sei se se corresponde a un cambio de actitude, e se vai depender un alcalde que chegue a un acordo do PP para non paralizar a súa cidade, ou se, pola contra, está a iniciar unha campaña electoral intentando marcar distancias", resolveu.

CONSELLEIRA DE TRABALLO

Por outro lado, preguntado as declaracións da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen admitiu nunha entrevista na Ser que recibira regalos dun dos empresarios investigados na 'Operación Zeta', pero que iso non influíu na súa xestión; Pedro Puy remarcou que a Xunta "ten claramente regulada" --nun código ético-- a recepción de obsequios cun límite de 90 euros ao longo dun ano e, ata "onde sabe" el, está "funcionamento correctamente".

Puy indicou que esta cuestión estaba regulada en España "con certa inconcreción", o establecido era que non "excedesen os usos sociais".

Deste xeito, reivindicou a "limitación de tipo económica" actual, que se atopa dentro do que pode ser "asumible", xa que inclúe cousas --dixo-- como "un calendario" ou "un produto destes", algo "irrelevante".

"E como dixo a conselleira, non inflúe para nada en ningunha das decisións que se adopten en ningunha das administracións", agregou.