A queima de restos agrícolas e forestais, prohibida en Galicia

Actualizado: sábado, 30 agosto 2014 18:02
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

A Xunta adopta esta medida de "carácter preventivo" ante a previsión de "altas temperaturas e de vento"

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 Ago. (EUROPA PRESS) -

   A queima de restos agrícolas e forestais está prohibida en Galicia ata o próximo 30 de setembro, tal e como recordou este sábado a Consellería de Medio Rural e do Mar.

   En concreto, esta medida é "de carácter preventivo", segundo informou a Xunta a través dun comunicado, e se adopta ante a previsión de "altas temperaturas e de vento", "típicas" do período estival.

   Ademais, a Consellería de Medio Rural remarcou que existe un "decreto regulador" de medidas relativas á "prevención de incendios forestais", á "protección dos asentamentos" no medio rural e á regulación de "aproveitamentos e repoboacións forestais".

   Este decreto prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poden "dificultar o seu control", segundo sinalou o Goberno galego, especialmente nos "días de vento".

COLABORACIÓN DA CIDADANÍA

   O departamento dirixido por Rosa Quintana pediu "a colaboración da cidadanía" para que "extreme" as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria "da que se teña coñecemento".

   Para iso, Medio Rural puxo a disposición dos galegos o número de teléfono gratuíto 085, ao que "se"debe chamar" en caso de detectar algún lume forestal.

   Así mesmo, publicou no seu web unha serie de indicacións para "manter limpa a vexetación" preto das vivendas, para "previr incendios forestais" e para "gozar do monte con total seguridade".