Renfe transportou 6.200 persoas na estrea do Eixe Atlántico

El tren rápido del Eje Atlántico que se pone en servicio este sábado
EUROPA PRESS
Actualizado: domingo, 19 abril 2015 16:16

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Abr. (EUROPA PRESS) -

Renfe vendeu un total de 6.200 billetes na xornada do sábado, día no que arrancaron os servizos rápidos entre A Coruña e Vigo en trens S121 por vía de altas prestacións.

Diso informou nun comunicado, no que detallou que todos os servizos funcionaron "con normalidade" e se rexistrou "unha puntualidade do 100%" no intervalo de 10 minutos cunha "grande afluencia de viaxeiros" en todas as estacións do traxecto.

Así mesmo, recordou que puxo en marcha un servizo extraordinario de atención ao cliente --durante 15 días-- nas estacións de maior afluencia para orientar aos viaxeiros sobre os horarios, a utilización das máquinas autovenda ou os novos servizos.