Rescatan da auga a unha persona inconsciente na Praia das Delicias, en Sada (A Coruña)

Publicado: domingo, 24 junio 2018 20:06

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Jun. (EUROPA PRESS) -

   O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia en torno as catro da tarde deste domingo, a través das chamadas doutros bañistas, de que unha persoa estaba a flotar na auga, na Praia das Delicias, no municipio coruñés de Sada.

   Tras ser rescatada, a persoa foi atendida por un equipo das 061-Urxencias Sanitarias, que lograron reanimala e trasladala ao Complexo Hospitalario da Coruña.

   No operativo colaboraron os axentes da Policía Local e Garda Civil, así como dos membros do Servizo Local de Emerxencias.

MENOR EVACUADO CON SÍNTOMAS DE AFOGAMENTO EN ANTAS DE ULLA

   Por outra banda, un menor foi evacuado durante a tarde deste domingo con síntomas de afogamento, ao redor das 16,30 horas, na piscina municipal de Antas de Ulla (Lugo).

   Un socorrista sacou ao neno da auga e comezou a practicarlle as manobras de reanimación, á vez que desde o 112 Galicia, pedíase a colaboración dos profesionais sanitarios, que acudiron ao lugar a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

   Deste xeito, o pequeno foi evacuado ao Complexo Hospitalario de Lugo para ser sometido a un recoñecemento médico despois de recuperar a consciencia.