SANTIAGO DE COMPOSTELA 25 Ene. (EUROPA PRESS) -
Os profesores Carl C. Cowen, da Universidade West Lafayette (Estados Unidos), e Eva Gallardo, da Complutense de Madrid, presentan este venres 25 no congreso da Real Sociedade Matemática Española que se desenvolve esta semana na Universidade de Santiago a solución ao problema 'Subespacios invariantes en espazos de Hilbert', resolto nun congreso na capital galega.
Segundo explica a Universidade de Santiago (USC), trátase dun dos problemas abertos "de maior notoriedade", formulado nos anos 30 por John von Neumann --participante no Proxecto Manhattan e autor, entre outras, da coñecida Teoría dos Xogos--, e que moitos matemáticos consideran que debería formar parte da lista dos "sete problemas do milenio" elaborada polo Instituto Clay de Matemáticas de Cambridge.
Carl Cowen e Eva Gallardo manterán un encontro cos medios de comunicación este venres 25 ás 12.30 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas.
A continuación, os expertos impartirán a conferencia na que presentarán o seu achado á comunidade científica presente no congreso.