Retencións na A-55 por mor dun accidente con tres vehículos en Mos (Pontevedra)

Publicado: viernes, 5 octubre 2018 9:50

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 Oct. (EUROPA PRESS) -

   Un accidente con tres vehículos implicados rexistrouse na mañá deste venres 5 de outubro, pasadas as 8,00 horas, na autovía A-55, ao seu paso polo Concello pontevedrés de Mos, e causou retencións na zona.

   En concreto, segundo precisou o 112, como consecuencia do impacto, unha persona resultou ferida e foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

   Foi un dos condutores implicados no accidente o que se puxo en contacto co 112 Galicia para dar conta do sucedido. Ao instante, informouse o servizo local de emerxencias, 061-Urxencias Sanitarias e tamén aos axentes da Garda Civil de Tráfico.