Reyes Leis matiza que "descoñece" o contido das reunións entre a Xunta e Turkish Airlines

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 24 mayo 2013 17:13

SANTIAGO DE COMPOSTELA 24 May. (EUROPA PRESS) -

A concelleira de Turismo de Santiago, Reyes Leis, matizou este venres que "descoñece" o contido das reunións entre a Xunta e Turkish Airlines, despois de soster que eses encontros serviron para estudar "que aeroporto" dos tres galegos "era o mellor" para o desembarco da compañía.

En declaracións a Europa Press, explicou que esa afirmación foi errónea pola súa parte e que unicamente sabe que houbo reunións, pero non "o seu contido". Así, en canto ao apoio do Goberno galego para que esta empresa operase dende Lavacolla, aseverou que se centrou no evento de inauguración da ruta.

"Eu só falo por Turismo de Santiago", agregou, para reiterar que o Concello da capital galega estivo "un ano e medio" mantendo reunións cos responsables da aerolínea turca para "pedirlles que apostasen por Santiago".

Contenido patrocinado