Rubén Pérez (Marea de Vigo) cre "temerario" non reeditar a coalición En Marea e cre que ese debate está "solucionado"

Vigo Ruben Lio Podemos
EUROPA PRESS/REMITIDO
Actualizado: miércoles, 10 febrero 2016 14:31

VIGO, 10 Feb. (EUROPA PRESS) -

O voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez, sinalou este mércores que sería "moi temerario" non reeditar a coalición En Marea (Podemos, Anova e EU) tras os resultados obtidos en Galicia nas xerais e, en concreto, na cidade olívica, onde a formación foi "a primeira forza".

A preguntas dos medios sobre a crise de Podemos na Comunidade galega, Rubén Pérez sinalou que non fará pronunciamentos sobre debates internos de organizacións, pero indicou que está "bastante asumido" por Podemos, EU e Anova que serían "moi temerarios" se non repetisen a experiencia de En Marea e, mesmo, apostou por que a coalición poida ser "algo superador, en sentido agregativo".

En todo caso, indicou que ese debate está "solucionado" e recordou que as bases de Podemos xa "participaron nun proceso de decisión" sobre a inclusión na coalición En Marea.