Rueda admite "preocupación" pola actuación xudicial en Santiago pero deposita en De la Fuente a decisión de dimitir

El vicepresidente de la Xunta y secretario general del PPdeG, Alfonso Rueda
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 24 mayo 2013 14:29

SANTIAGO DE COMPOSTELA 24 May. (EUROPA PRESS) -

O vicepresidente da Xunta e secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, admitiu este venres a súa "preocupación" polas distintas actuacións xudiciais en cidades galegas e, no caso concreto de Santiago, deixou en mans do último concelleiro imputado, Juan de la Fuente, a decisión de dimitir ou non.

Preguntado polos xornalistas sobre se cre que este edil, imputado polo caso das supostas facturas falsas, debería deixar o seu cargo, Rueda fixo fincapé en que "a quen lle corresponde decidilo é a el".

Dende o partido, como sinalou, "tomaranse, aplicando os estatutos, as decisións" en función de "cales vaian sendo as decisións xudiciais". Polo momento, proseguiu, "esa persoa ten unha imputación", polo que "ten dereito á presunción de inocencia".

Pronunciouse deste modo despois de que o xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apelase a "deixar actuar á Xustiza" e reivindicase que foi o Concello de Santiago o que "detectou" e "puxo en coñecemento" das autoridades xudiciais as supostas irregularidades.

SITUACIÓN DE SANTIAGO

Á vista da situación que atravesa o Goberno local de Santiago, que ten varios dos seus membros, incluído o alcalde, Ángel Currás, imputados en distintas causas xudiciais, Rueda opinou "como político" que "non é bo" para as institucións.

Ao fío diso, recordou que os concellos de Lugo e Ourense viven situacións similares e remachou que as "actuacións xudiciais" en concellos "nunca" son "unha boa imaxe" para os que se dedican á actividade pública.

"Por iso reivindicamos con forza a presunción de inocencia de todos os afectados e pedimos aos órganos xudiciais que actúen coa máxima celeridade posible para que estas situacións se poidan clarificar e non se prolonguen no tempo", finalizou Rueda.

Artículos Relacionados

Contenido patrocinado