Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 03/09/2010 17:45

Rueda reprocha ao PSdeG que pida contas sobre o presuposto para a visita do Papa pero non faga o mesmo en Cataluña

   LUGO, 3 Sep. (EUROPA PRESS) -

   O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, censurou que o PSdeG pida explicacións dos gastos da Xunta na visita do Papa, mentres o Goberno de Generalitat de Cataluña se nega a dar explicacións da viaxe que Benedicto XVI fará a esa comunidade, dirixida polo PSC.

   Rueda, que fixo estas declaracións durante a súa visita aos terreos que acollerán o Xulgado de vixilancia penitenciaria en Lugo, indicou que da actitude do Goberno catalán, cogobernado polos socialistas, se deduce que alí "non se di nada". "E aquí os socialistas realizan todo tipo de queixas e reclamacións, cando facemos todo o contrario, é dicir, ser transparentes e dicir cuales van ser os gastos", lamentou.

   O conselleiro de Presidencia dixo non entender que cando se logra un aforro nos gastos da viaxe, PSOE e BNG se poñan "moi nerviosos" ao ver que gasta menos diñeiro garantindo o éxito da visita".

   Así mesmo, insistiu en que o Goberno galego actúa de forma "transparente" en todo o que se refire á visita e afirmou que a Xunta explicará o destino de "todo o diñeiro público".

   Pediu finalmente a todos os grupos que traballen conxuntamente para que a visita, para a que apenas faltan dous meses, "sexa un éxito" para Galicia, á marxe das crenzas de cada un".

XULGADO EN LUGO

   Por outra banda, Rueda dixo que o Xulgado de vixilancia penitenciaria estára dispoñible en Lugo antes do próximo 30 de decembro.

   Así, avanzou que a devandita sala de vistas estará operativa antes de que finalice o ano e apuntou que as obras de acondicionamento comezarán a próxima semana.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 La ola de frío se agudizará el fin de semana Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.